viernes, 11 de junio de 2021

TURONIA 1º E 2º

 Hoxe foi un gran día para as nenas e nenos de  1º e 2º curso. Hoxe fixeron o seu Pequeturonia.

Coas súas flamantes camisetas novas, e as gorriñas verdes nenas e nenos fixeron un anaquiño do camiño de Santiago, concretamente entre o Mosteiro e Estás. Polo camiño fixéronse expertos en petos e cruceiros, tamén aprenderon moitas cousas sobre o camiño de Santiago, sobre o apóstol e sobre Prisciliano.

Despois como remate de xornada foron descansar e xantar nas sombras dos muíños da Gandariña.

E como remate, voltaron ao colexio no tren chuchú. 

Unha experiencia inolvidable!!!

Para ver tódalas fotos, premede AQUÍ.






 

lunes, 7 de junio de 2021

TURONIA 2021

        Como xa ven sendo habitual neste curso, o coronavirus, tamen determinou o noso Turonia deste ano. Non foi o habitual de dous días nos que nenas e nenos de 6º de todo o concello se reunen para facer esta mega-actividade, pero no CEP Pedro Caselles non quixemos renunciar a esta emblemática saída.Se queres ver tódalas fotos, preme AQUÍ

Ao longo dunhas doce horas o alumnado de sexto non parou de percorrer os camiños do Concello. As dez da mañá partiron a pé para facer unha ruta circular na que  se familiarizaron co manexo de mapas, coa orientación, co estudo da flora e da fauna, estudo da calidade da auga do río Pego...todo traballado a través dun cuaderniño que se lles facilitou ao saír.





 Xa de volta no colexio aroveitaron para xantar e descansar.


 

As catro tocoulle o turno as bicicletas cunha ruta ata o embarcadeiro de Goián, onde tiveron unha experiencia inolvidable cos piraguas, grazas a actividade que para eles organizou o Club Deportivo Miño-Teixugos



E xa como remate, un último esforzo e volta ao colexio en bicicleta.

Agradecer a axuda a Discamino que  colaborou cunha bicicleta especial para que todos puideran facer a ruta en bicicleta, ao Club Deportivo Miño por organizar a xa emblemática actividade das piraguas, a comunidade de Montes de Tomiño pola donación das camisetas e gorras e aos ciclistas "profesionais" que nos acompañaron e nos axudaron coa súa experiencia e saber.


jueves, 20 de junio de 2019

Peque Turonia 3º e 4º Primaria

Despois de estar pendentes das partes meteorolóxicas e de que si , de que non, de que se suspende..... por fin, puidemos realizar esta saída no día de hoxe. O tempo foi moi bo e os camiños foron transitables.

Os nenos e nenas fixeron a súa andaina dende o Caselles, pasando por  Hospital, realizando unha parada neste lugar e no hotel canino cara ó rio da Pedra, onde rematamos de camiñar; para descansar, comer e xogar. 

Finalmente, voltamos ao colexio pola estrada que vai cara o centro de saúde e cruzamos o Seixo para chegar finalmente para comer, ao cole.



viernes, 14 de junio de 2019

TURONIA DE 1º E 2º

Chegou o gran día, nenas e nenos de 1º estreando camiseta, fixeron hoxe o seu Pequeturonia. Ao longo dunha andaina duns 5km foron buscando as pistas que lles deixou a fada Epona, en cada pista un agasallo(un colar máxico da boa sorte) e algo que aprender.
Ao longo do camiño aprenderon a recoñecer carballos, castiñeiros e sobreiras, as árbores favoritas da fada porque, como ela lles contou, axudan a que os lumes se apaguen.
Tamén viron bosques que arderon e observaron que todos eran de piñeiros e eucaliptos.
Aproveitando o camiño, a fada faloulles das pedras, da maxia dos petos e cruceiros, e dos antigos muíños de auga, que xa non funcionan pero que son importantes pola súa antigüidade. Os muíños do Brosque foron feitos no 1732, iso non llo dixo a fada, que o viron eles mesmos escrito na pedra.
Para ver tódalas imaxes premer AQUÍ





martes, 12 de junio de 2018

TURONIA 3º E 4º PRIMARIA

O Peque-Turonia de 3º e 4º de primaria tivo lugar no día de hoxe , onde os nenos e nenas fixeron a súa andaina dende o Caselles, pasando por  Hospital, realizando unha parada para ver a ponte romana que había alí cara ó rio da Pedra, onde rematamos de camiñar; para descansar, comer e xogar. Pero antes de chegar alí realizamos outra parada no centro canino de adestramento onde vimos cadelos de diferentes razas e nos explicaron que fan alí con eles e como os coidan. 

A volta ao cole tamén foi, como non podería ser de outra maneira, no tren "Chuc-Chuc".






Preme aquí para ver maís fotos desta saída.

 

 

lunes, 11 de junio de 2018

TURONIA 2018 DE 1º E 2º CURSO

Hoxe nenas e nenos de 1º e 2º curso fixeron o seu Turonia. Comezaron o seu camiño guiados pola fada das árbores Epona que lles foi deixando pistas e pulseiras máxicas ao longo de toda a andaina.
Grazas  esta fada nenas e nenos aprenderon un pouquiño máis da maxia das pedras, que está nos petos e cruceiros, e da maxia das árbores, sobre todo aprenderon a recoñecer carballos, sobreiras e castiñeiros, unhas árbores tan máxicas que hasta son quen de apagar o lume dos nosos bosques!
Tamén visitamos os muíños da Regueira, andiveron kilómetros e kilómetros, e sabedes que,... non  se cansaron nin un pouquiño!
Para ver as imaxes preme AQUÍ